Preguntas frecuentes
Preguntas frecuentes sobre a formación profesional e os ciclos formativos en xeral
- ¿Qué é a Formación Profesional?
- ¿Qué son os ciclos formativos de Formación Profesional?
- ¿Qué son as familias de Ciclos Formativos?
- ¿Qué é a nova FP ou LOE?
- ¿En qué se diferencia un ciclo medio de un ciclo superior?
- ¿Cantos anos dura un ciclo?
- ¿Son obligatorias as prácticas en empresa?
Preguntas frecuentes sobre os ciclos da familia de Servizos Sociais e á Comunidade
- ¿Qué ciclos comprende a familia de SSeC?
- ¿Qué centros ofrecen en Galicia os ciclos da familia de SSeC?
- ¿Teñen saída os ciclos desta familia?
Preguntas frecuentes sobre o Centro Tomás Barros
- ¿Qué é o Centro Tomás Barros?
- ¿Qué ciclos formativos oficiais se imparten no Centro de FP Tomás Barros?
- ¿Qué horarios teñen as clases? ¿Hai turnos de mañá e tarde?
- ¿Podo solicitar algún tipo de beca ou axuda para estudiar no C.F.P. Tomás Barros?
- ¿Ten o Centro unha bolsa de traballo para @s alumn@s que rematan os seus estudios?
- ¿Canto tempo se tarda en obter o título no Centro?
- ¿Ata cando está aberto o prazo de matrícula?
- ¿A qué dirección de e-mail debo dirixir as miñas preguntas?
Preguntas frecuentes sobre outras actividades, ensinanzas e cursos no Centro
- ¿Qué son Abraio e Aldebarán?
- Ademáis dos Ciclos Formativos, ¿qué outros cursos que se imparten no C.F.P. Tomás Barros otorgan un título oficial?
- ¿Qué outras ensinanzas non dirixidas a consecución dun título oficial se imparten no C.F.P. Tomás Barros?
Preguntas frecuentes sobre a formación profesional e os ciclos formativos en xeral
- ¿Qué é a Formación Profesional?
A Formación Profesional é unha das opcións de Ensino Superior que ofrece o noso espazo educativo, é dicir, unha das posibilidades para continuar a formación tras a ensinanza obligatoria. O Ensino Superior divídese en dúas ramas: estudios universitarios e non universitarios. Os ciclos formativos de formación profesional forman parte das ensinanzas superiores non universitarias.
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Qué son os Ciclos Formativos de Formación Profesional?
As diversas ensinanzas de Formación Profesional están organizadas en ciclos formativos. Un ciclo formativo agrupa un conxunto de coñecementos e habilidades que se considera que constitúe un bloque coherente de formación específica destinada o exercicio dunha profesión. Son ensinanzas con valor académico, conducentes a unha titulación, pero ao mesmo tempo teñen valor profesional: os seus contidos establécense de acordo coas necesidades do mundo laboral. A oferta de titulacións de formación profesional é moi ampla, planificada para dar resposta a case todas as vocacións.
Extraído de: http://www.edu.xunta.es/fp/preguntas/p1.htm
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Qué son as familias da formación profesional?
Os 142* títulos de formación profesional que existen á data presente están agrupados temáticamente en 26 familias profesionais. Unha familia profesional é un conxunto de ciclos destinados a satisfacer unha determinada demanda de formación e un determinado sector do mercado laboral.
* Este catálogo pode irse ampliando a medida que se incorporen outros títulos. Deste modo, por exemplo, como consecuencia da Lei orgánica de educación (LOE, Lei 2/2006) van aparecer catro novas familias profesionais (Enerxía e auga, Industrias extractivas, Seguridade e medio ambiente, Artes e artesanías).
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Qué é “a nova FP” ou LOE?
A LOE é unha lei de reforma educativa aprobada no 2006. Entre outras moitas cousas, vai traer modificacións na Formación Profesional. As ventaxas da nova FP son:
- Maior especialización, pois os ciclos formativos se amplían a 2000 horas.
- Equiparación da titulación a nivel europeo.
- Obtención do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico.
- Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
- Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios; segundo o casos validaranse de 60 a 120 ECTS (Sistema europeo de transferencia de créditos).
Ademáis, a LOE vai introducir novos títulos de FP, e vai modificar os currículos dos ciclos xa existentes.
Extraído de: http://www.edu.xunta.es/fp/nova_FP.htm
Máis infomación convalidacións: http://www.edu.xunta.es/fp/validacions.htm
Máis información acceso á universidade: http://www.edu.xunta.es/fp/preguntas/p17.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿En qué se diferencia un Ciclo Medio de un Ciclo Superior?
Na formación necesaria para o acceso e no título obtido tras a superación do ciclo (Técnic@ Superior e Técnic@ Meio, respectivamente).
Máis información sobre o grao medio: http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasCM.htm
Máis información sobre o grao superior: http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasCS.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Qué necesito para acceder a un Ciclo Superior?
Hai varias vías de acceso posibles:
- O título de bacharelato (LOXSE).
- Ter superado un segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
- Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
- Un título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente.
- Unha titulación universitaria ou equivalente.
- Se non tes ningún dos anteriores, a superación dunha proba de acceso específica.
Extraído de: http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf
Máis información sobre a proba de acceso: http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Preguntas_frecuentes_CS_2011.pdf
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Cantos anos dura un ciclo?
Os ciclos ofertados no Centro Tomás Barros teñen unha duración de 1.700 ou 2.000 horas, divididas en dous cursos académicos. É dicir, en dous cursos @s alumn@s obterán á titulación de Técnic@s Superiores (ou Técnic@ Medio, no caso do ciclo medio).
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/preguntas/p2.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Son obligatorias as prácticas en empresa?
Sí, os ciclos formativos inclúen tanto módulos impartidos no propio centro educativo (FCE), como un módulo de formación en centros de traballo (FCT).
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/fct.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
Preguntas frecuentes sobre os ciclos da familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade
- ¿En qué consiste a familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade? ¿Qué ciclos comprende?
Como o seu nombre indica,esta familia agrupa ensinanzas e capacitacións laborais destinadas a atención e satisfacción de determinadas necesidades e demandas profesionais da sociedade.
A Familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade comprende á presente data un ciclo medio e catro ciclos superiores. Para máis información sobre cada un destes ciclos, consulta a súa propia páxina de preguntas e respostas:
-
- Ciclo Meio en Atención Sociosanitaria
- Ciclo Superior en Educación Infantil
- Ciclo Superior en Integración Social
- Ciclo Superior en Intérprete da Lingua de Signos Española
- Ciclo Superior en Animación Sociocultural
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/09_10/Servizos_socioculturais.pdf
Vídeos da xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/videos_SSC.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Qué centros públicos ofrecen en Galicia os ciclos da Familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade?
Podes consultar a relación de centros públicos que ofertan os títulos desta familia na no folleto oficial da Xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/09_10/Servizos_socioculturais.pdf.
Por desgracia, os centros públicos non satisfacen toda a demanda existente. Ese oco é cuberto por centros privados como o noso, onde preocúpanos que os xoves atopen a ensinanza máis adecuada a súa personalidade, vocación e circunstancias... A tod@s el@s están adicados os nosos esforzos.
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
- ¿Teñen saida teñen os ciclos desta familia?
Segundo o último informe anual presentado pola Xunta de Galicia (ano 2010) sobre a inserción laboral das persoas tituladas en FP, os ciclos da Familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade atópanse no segundo posto entre as familias de formación profesional con maior demanda no mercado de traballo. Á data da elaboración do informe, un 45,8% d@s recén titulad@s nos ciclos da Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade estaban a traballar, e un 31,3% atopábanse adicándose a continuación dos seus estudios. (Fonte: Informe da Xunta de Galicia, http://www.edu.xunta.es/fp/files/Insercion_laboral/Informe_Insercion_Ocupacion_FP_2010.pdf).
Máis información e informes de anos anteriores: http://www.edu.xunta.es/fp/orientacion/index.htm
Máis información sobre a Formación en Centros de Traballo: http://www.edu.xunta.es/fp/fct.htm
Lembra que no Centro Tomás Barros dispoñes dun Punto de Información Xuvenil autorizado para informarte sobre esta e outras cuestións. Se tes máis dúbidas sobre este ou outros temas, non esperes máis e ven a vernos.
Preguntas frecuentes sobre o Centro Tomás Barros
· ¿Qué é o Centro Tomás Barros?
Un centro de formación profesional con autorización oficial para emitir os títulos dos Ciclos Formativos da Familia de Servicios Socioculturais e á Comunidade. Ademáis, o Centro dispón de un Punto de Información Xuvenil, e é sede da Asociación Cultural Abraio e a Escola de Tempo Libre Aldebarán. Se non nos coñeces ainda ou queres saber máis, ven a visitarnos: consulta o noso horario e enderezo.
· ¿Qué ciclos formativos se impárten no centro TB?
O Centro TB é o único centro privado de Galicia que ofrece todos os ciclos da Familia de Servicios Socioculturales e á Comunidade: Integración Social, Educación Infantil, Animación Sociocultural, Intérprete da Lingua de Signos Española e Atención Sociosanitaria. A nosa especialización nesta familia da formación profesional facilítanos ofrecer unha ensinanza de calidade, personalizada, con profesionais de prestixio e en continua formación, e en conexión cas correntes internacionais máis potentes no campo dos Servizos Sociais.
Os títulos que obteñen @s alumn@s son titulacións oficiais homologadas pola Xunta de Galicia.
¿Tes algunha dúbidas sobre este ou outros temas? Non esperes máis e ven a vernos.
· ¿Qué horarios teñen as clases? ¿Podo compatibilizalo cun traballo a media xornada? ¿Podo escoller entre turno de mañá ou de tarde?
No Centro TB intentamos ofertar turnos de mañá e tarde na medida do posible, en función dos grupos formados o principio de cada curso. O mellor xeito para obter información precisa sobre este tema é que veñas falar con nos.
· ¿Podo solicitar algún tipo de beca ou axuda para estudiar no Tomás Barros?
Sí. Se queres información sobre qué becas podes solicitar, ou precisas axuda para tramitar a súa xestión, ven a visitar o noso Punto de Información Xuvenil: consulta o noso horario e enderezo.
· ¿Cuánto tiempo se tarda en obtener el título en el Centro?
Los ciclos tienen una duración de 1.700 o 2.000 horas, que dividimos en dos cursos académicos. Es decir, en dos cursos los alumnos salen como Técnicos Superiores (o técnico medio, en el caso del ciclo medio), preparados para acceder al mercado laboral en las mejores condiciones.
· ¿Ten o centro algún tipo de bolsa de traballo para @s alumn@s que rematan os seus estudios?
Temos. A nosa bolsa de traballo ten dous cauces principais:
1. Por un lado, os convenios asinados con diferentes empresas, asociacións e entidades de todo o estado*. Estas empresas, ademáis de acoller @s alumn@s en prácticas, son demandantes habituais de traballador@s en Servizos Sociais.
2. Por outro lado, cada día crece o número de empresas, entidades ou asociacións alleas que nos chaman para pedirnos currículums de técnic@s superiores en Servizos Sociais.
* O Centro TB fomenta a realización en outras comunidades autónomas da formación en centros de traballo (FCT). A experiencia confirma que a maioría d@s alumn@s que realizan as prácticas en outras comunidades volven moi content@s da súa estancia, e cun alto nivel de formación.
Ademáis, non olvides que no Punto de Información Xuvenil do Centro podes recibir asesoramento para a búsqueda de emprego, creación de empresa, etc. Consulta o noso horario e enderezo e ven visitarnos.
· ¿Ata cando está aberto o plazo de matrícula?
O plazo de matrícula está aberto ata principio de octubre e, excepcionalmente, ata finais de mes. Pensamos en tod@s aquel@s alumn@s que non obteñen plaza nos institutos públicos, aquel@s que non obteñen a nota para entrar na universidade, ou aquel@s que non superan a proeba de setembro de selectividade... Prolongamos o plazo de matrícula para tod@s el@s, a quenes nosos ciclos poden servirlles de ponte hacia a universidade.
Como o número de prazas para cada ciclo é limitado, é necesario realizar unha preinscripción o reserva de praza. Non dubides en poñerte en contacto connosco para esta ou outras cuestións. Consulta o noso horario e enderezo e ven visitarnos.
· ¿A qué dirección de e-mail debo dirixir as miñas preguntas sobre algún dos ciclos ofertados no centro?
O e-mail do centro é centro@tomasbarros.com. De tódolos xeitos, se queres recibir a mellor atención personalizada o mellor que podes facer é vir en persoa a visitarnos, consulta o noso horario e enderezo.
· ¿A qué número de teléfono debo chamar para preguntar algo sobre algún dos ciclos ofertados no centro?
O noso número de teléfono é 981 27 01 63. De tódolos xeitos, se queres recibir a mellor personalizada o mellor que podes facer é vir en persoa a visitarnos, consulta o noso horario e enderezo.
Preguntas frecuentes sobre outras actividades, ensinanzas e cursos no Tomás Barros
· ¿Qué son Abraio e Aldebarán?
Aldebarán é unha Escola de Tempo Libre. Ó longo do ano organiza diversos cursos e actividades, entre eles os cursos que conceden as titulacións oficiais de Monitor/a de Tempo Libre e de Director/a de Tempo Libre. Para consultar a oferta actual, ponte en contacto con nos.
Abraio é unha Asociación Sociocultural con sede no Centro Tomás Barros. Entre as súas actividades se atopan:
· Clases de reforzo ESO e LOGSE
· Preparación das probas de acceso ós ciclos oficiais
· Obradoiros e actividades para nenos
· Alfabetización de adultos
· Cursos de lingua de signos
· Cursos de formación para mulleres (Servizo Galego de Igualdade)
· Ademáis dos ciclos superiores, ¿qué outros cursos que se imparten no centro TB otorgan un título oficial?
A Escola Aldebarán de Tempo Libre organiza ó longo do ano cursos que conceden a titulación oficial de Monitor/a de Tempo Libre e de Director/a de Tempo Libre. Para máis información, ponte en contacto con nos.
· ¿Qué outras ensinanzas non dirixidas a consecución dun título oficial impártense no centro TB?
A Asociación Sociocultural Abraio oferta clases de reforzo, preparación das probas de acceso ós ciclos oficiais, obradoiros e actividades para nenos, clases de alfabetización para adultos. Para máis información, ponte en contacto con nos.
By A Web Design


