Centro de día VIEIRO
O martes 29 de decembro as 10:30 da mañán visitan o noso centro educativo a psicóloga Patrica Camiña acompañada de varios usuarios do Centro de día VIEIRO (programa calor/café) xestionado por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
O Centro de Día VIEIRO presta atención especializada a persoas sen fogar, ex/drogodependentes e enfermos de VHI/SIDA.
Unha vez remata a sesión de charla e debate sobre as actividades do Centro de Día VIEIRO farase unha comida nas propias instalacións do centro no que cada participante encargarse de traer a súa comida así como compartila cos demais participantes.
Agradecemos a participación desta actividade que consideramos de gran interse para os nosos alumnos e para o público en xeral. Esta actividade e xestionada polo gurpo de alumnos de 2' de Integración Social en colaboración coa Asociación ABRAIO.
By A Web Design


