Poesía comestible nas Conchiñas

A poesía de Lois Pereiro fíxose comestible o venres, 13 de maio, na  praza das Conchiñas como parte da homenaxe do centro ao autor monfortino. Un cento de alumnas e alumnos do Centro “Tomás Barros” decidiu escreber, cada ún, nunha froita do país un poema de Lois Pereiro e, de seguido, ir colgalos froitos poéticos das árbores da cercana praza das Conchiñas.

O cento de laranxas, mazás e limós poetizados permañeceron pendurados durante toda a mañá. Pola tarde, serviron de postre da merenda a outros tantos pequenos/as que utilizan este espazo público como campo de xogo.

O alumnado do centro foi explicándolles aos cativos o significado que tiñan os froitos escritos e, ao tempo, iniciaron aos nenos e as nenas na figura e obra do homenaxeado Lois Pereiro. Foi o seu primeiro contacto coa poesía, unha inmersión comestible e moi alimenticia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Na praza das Conchiñas, lendo e escoitando a poesía de Lois Pereiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O colorido resultado da poesía comestible

By A Web Design

Contacto

Ramón María Aller nº10-12, etlo., 15011 A Coruña
981 27 01 63 / 68
Luns a Venres, 8:30 a 14:30 e 15:30 a 21:30
E-mail