Tema 1. Solucións.

Estas son as solucións ao caso práctico e a o esquema do Tema 1 da asignatura.

Caso práctico.

En primeiro lugar, o educador/a debería de darlle tempo. Dar sen esperar, recibir para que a nena se relaxe e, pouco a pouco, se sinta máis cómoda. Este dar por parte do educador/a pode ser mediante xestos como acariciala, darlle a man, sorrírlle, cantarlle cancións ou explicarlle contos, dramatizacións, cos que a nena, nun momento dado, se poida meter na acción de forma que se deshiniva.

Debemo recordar en todo momento que a aprendizaxe, desenvolvemento e uso da linguaxe é fundamental na relación interpersoal entre neno/a e educador/a (e todas as persoas do seu entorno) basado no aspecto afectivo. Nunca se terá que poñer a Laura nunha situación de proba. A medida que se vaia relaxando irá aumentando a súa capacidade e interese por comunicarse.

 

Esquema.

O neno/a chega a este mundo nun entorno determinado no que os adultos desempeñan un papel fundamental posto que son os que crean un espacio comunicativo que exerce unha función socializadora e, grazas ao que, o neonato estructura o seu pensamento e a súa personalidade.

O papel do adulto pode ser receptivo, xenerador e alentador, xenerando un entorno positivo posto que resulta acolledor, estimulante e enriquecedor. Sen embargo, se o adulto, desempeña un papel negativo por ser pasivo, indiferente ou limitador, o ambiente resultará frustante, inhibidor e claramente empobrecedor para o desenvolvemento fisiolóxico e afectivo do neno/a.

By A Web Design

Contacto

Ramón María Aller nº10-12, etlo., 15011 A Coruña
981 27 01 63 / 68
Luns a Venres, 8:30 a 14:30 e 15:30 a 21:30
E-mail