|
Dióxenes
Abalei unha lámpada acesa
diante de cada rostro.
¿Cadaquén representaba a alguén
dende unha mesma man descoñecida?
Erguín a lámpada ate os ollos do espello
onde cecais moraba un outro aqueloutrado
que fora refrexo de min mesmo.
E perguntei de novo. ¿Onde está o home?
A pergunta esmoreceu pola enfondura
infinda do cristal
coma nun mar que non tivera orelas.
¿Quén era aquel outro que me ollaba
da outra banda do espello?
De Vieiro de Señardade
|